Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado pola aparición de dous cans afogados cunha pedra no pescozo no río Tea

Investigado pola aparición de dous cans afogados cunha pedra no pescozo no río Tea

O maltrato animal está penado con ata 18 meses de prisión, aínda que está previsto aumentar as condenas

G24.gal 21/05/2022 14:42 Última actualización 21/05/2022 15:01

Achado macabro o que protagonizaron axentes medioambientais da Xunta na súa vixilancia do río Tea, na provincia de Pontevedra. A principios deste mes e nun tramo que transcorre polo concello de Covelo, a altura da Pontenova, os axentes localizaban semimergullados dous cans.

"Comprobamos como eran dous cans domésticos que estaban prendidos cunha corda aos seus pescozos e que tiñan unha pedra que facía de lastre para evitar que a auga os arrastrasen", relata José Manuel Prendes, un dos axentes medioambientais que atopou os animais.

Os dous cans afogaran despois de que algún desaprensivo guindáraos ao río cunha pedra atada ao pescozo. Tratábase de dúas femias, unha mastina de 4 anos e unha podenca de sete. Tras sacalas do río, os cadáveres dos animais foron trasladados ao Centro de recuperación da fauna de Carballedo para facerlles unha necropsia. Tras contactar co Seprona da Garda Civil iniciouse unha investigación para localizar ao presunto autor dos feitos.

"A partir dos datos policiais poidemos conseguir a referencia do posible autor, que foi citado en dependencias policiais, en calidade de investigado por un presunto delito de maltrato animal con resultado de morte", comenta José Manuel Prendes.

A lexislación contempla penas de ata 18 meses de prisión pola morte de animais por mor de maltrato intencionado, aínda que cando se aprobe a lei de benestar animal, esa condena podería chegar ata os dous anos de cadea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar