Investigado un veciño de Melide que conducía ebrio e sen carné
Investigado un veciño de Melide que conducía ebrio e sen carné
O condutor perdera todos os puntos do seu permiso previamente
A Garda Civil investiga un veciño da localidade coruñesa de Melide que foi interceptado en Antas de Ulla (Lugo). O condutor circulaba sen carné e superando o límite penal de consumo de alcol, situado nos 0,60 miligramos por litro de aire expirado.
Os feitos aconteceron durante un control realizado na estrada N-640, onde se identificou un condutor que conducía sen carné, ao perder todos os puntos previamente. Ademais, sobre o home constaba unha orde de investigación de paradoiro e domicilio do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense.
Nun comunicado, a Garda Civil lembrou que a condución dun vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de bebidas alcohólicas, en caso de superarse unha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 miligramos por litro, constitúe un ilícito penal que pode carrexar penas de prisión de ata seis meses.