O cadáver que apareceu nunha maleta en Vigo tiña unha coitelada e estaba espido
O cadáver que apareceu nunha maleta en Vigo tiña unha coitelada e estaba espido
A policía investiga a identidade da muller asasinada
O subdelegado do goberno apuntou que as investigacións se centran en recuperar as pegadas dactilares da vítima
O cadáver dunha muller que levaba meses no interior dunha maleta nun escampado de Vigo presenta unha puñalada mortal.
O corpo da muller estaba medio espido, cunha peza téxtil na cabeza, tal e como sinalou este venres o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.
O cadáver estaba enteiro, dentro dunha maleta embalada con plástico como o que se utiliza nos aeroportos.
Aínda non puido ser identificada debido ao estado de descomposición que presenta o cadáver, o que non permitiu recuperar as pegadas.
Un laboratorio de Madrid tentará obtelas coa aplicación da última tecnoloxía.
O cadáver foi atopado o xoves por un home que paseaba pola rúa Espedrigada, na zona de Balaídos, e que viu o vulto no medio nun descampado, achegouse a el e percibiu un forte fedor.
Unha veciña indicou que a maleta levaba meses no lugar no que apareceu, probablemente, segundo ela, desde agosto.
Respecto á embalaxe, todas as hipóteses están abertas, entre elas, que o cadáver viaxase en avión ou que alguén se achegase a un aeródromo, a embalase e despois se desfixese dela.