Investigan a morte dunha muller que apareceu en Nogueira de Ramuín semiespida, ferida e inconsciente
Investigan a morte dunha muller que apareceu en Nogueira de Ramuín semiespida, ferida e inconsciente
A muller foi levada ao Complexo Hospitalario de Ourense, onde faleceu
A Garda Civil investiga a morte dunha muller que apareceu este mércores inconsciente e semiespida nun camiño do concello de Nogueira de Ramuín. Foi a primeira hora da mañá cando un veciño da zona alertaba do acontecido.
A muller estaba no camiño que une as aldeas de Toxedo e Malburguete. Estaba malferida e foi trasladada de urxencia ao hospital de Ourense, onde pese a todo, faleceu pouco despois.
De nacionalidade ucraína tiña 62 anos e vivía na aldea de Requeixo coa súa parella. Alí chegou despois da pandemia. A aldea está situada a uns cinco quilómetros do lugar en que apareceu.
O camiño é frecuentado pola xente da zona que o utiliza polo día para pasear. Darredor tan só hai bosque, leiras e unhas adegas abandonadas.