Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o accidente marítimo de Vilanova en que morreu unha muller

Investigan o accidente marítimo de Vilanova en que morreu unha muller

A embarcación en que navegaba coa súa parella bateu contra unha batea

O home permanece ingresado en estado grave no hospital do Salnés

Salvamento Marítimo trasladou a parella ata o porto
G24.gal 02/07/2023 11:26 Última actualización 02/07/2023 11:41

Un tráxico accidente rematou este sábado coa vida dunha muller na ría de Arousa. A embarcación na que navegaba coa súa parella bateu, por razóns que se están a investigar, contra unha batea.

A muller de 53 anos era veciña de Vilaxóan e aínda que nun primeiro momento foi rescatada por Salvamento Marítimo non conseguiron salvarlle a vida. O home permanece ingresado no Hospital do Salnés en estado grave.

A embarcación na que navegaban tiña tres metros e medio de eslora. Sospéitase que un despiste puido provocar o sinistro.

Hai case un ano un veciño de Madrid falecía nun accidente semellante. Foi tras a procesión marítima do Carme na Illa de Arousa. A lancha na que navegaba con outras catro persoas batía tamén cunha batea. 

Sospéitase que un despiste puido provocar o sinistro Sospéitase que un despiste puido provocar o sinistro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade