Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o achado de restos óseos e dun cadaleito nunha zona de monte en Lalín

Investigan o achado de restos óseos e dun cadaleito nunha zona de monte en Lalín

Todo parece indicar que son de "hai moito tempo"

Monte do concello de Lalín (imaxe de arquivo) Monte do concello de Lalín (imaxe de arquivo)
G24.gal 16/03/2024 12:55 Última actualización 16/03/2024 13:39

A Policía Xudicial investiga o achado de restos de ósos, dun cadaleito e dun nicho nunha zona de monte no lugar de Lamas, no municipio de Lalín.

Segundo confirman fontes próximas á investigación, unha persoa que camiñaba pola zona a última hora da tarde do xoves atopou estes ósos e deu aviso á Garda Civil.

Tras desprazarse ata o lugar o equipo da policía xudicial do corpo, realizaron unha inspección ocular e acharon restos óseos que, tal e como indican estas mesmas fontes, son de hai "moito tempo".

Ademais, tamén atoparon roupa pertencente a unha muller, restos do cadaleito e do nicho, así como de cemento. As primeiras investigacións apuntan a que os restos proceden do baleirado ou limpeza dun nicho ou dun pazo onde antigamente se facían soterramentos.

Agora, a Garda Civil investiga os feitos para tratar de esclarecer quen depositou no lugar eses restos e localizar as familiares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade