Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o atropelo mortal de San Cibrao sen desbotar que o camioneiro non notara o golpe

Investigan o atropelo mortal de San Cibrao sen desbotar que o camioneiro non notara o golpe

O home declarou que estaría dando marcha atrás co vehículo e non se percatou do tráxico suceso

De confirmárense os datos, sería un accidente involuntario

 

Atropelo mortal en San Cibrao das Viñas, Ourense este venres Atropelo mortal en San Cibrao das Viñas, Ourense este venres
G24.gal 13/07/2024 19:00

Axentes de Tráfico da Garda civil de Ourense investigan as circunstancias que rodean ao atropelo mortal que se rexistrou este venres en San Cibrao das Viñas, ante un polígono industrial.

O condutor responsable do atropelo moral rexistrado no polígono de Barreiros na N-525, no concello ourensán de San Cibrao, estaría a dar marcha atrás cando golpeou á vítima e non se deu conta do golpe, segundo apuntan fontes da investigación.

Así, o home, de 65 anos, arroiaría ao peón de forma involuntaria. O condutor está localizado, pero non se lle imputou ningún delito, pois fontes da Garda Civil cren que posiblemente non se deu conta do impacto.

As dilixencias mantéñense abertas mentres os axentes de atestados seguen investigando as causas do sucedido. A vítima, un home de 56 anos e veciño de Maceda (Ourense), morreu este venres en San Cibrao das Viñas e as primeiras hipóteses apuntaban a que o condutor do camión se dera á fuga.

O home declararía que estaba a dar marcha atrás e non se deu conta de que lle golpeaba.

Atropelo mortal na N-525 en San Cibrao das Viñas este venres Atropelo mortal na N-525 en San Cibrao das Viñas este venres
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade