Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se unha muller matou o seu home e suicidouse logo en Vigo

Investigan se unha muller matou o seu home e suicidouse logo en Vigo

Descoñécese a data da morte do matrimonio, localizado este venres

G24.gal 15/01/2022 14:32

A Policía Nacional investiga o achado dos cadáveres dun matrimonio de sexaxenarios en Vigo. A hipótese inicial é que ela acoitelou o home e logo suicidouse. Nas próximas horas coñecerase o resultado das autopsias.

A alarma saltaba o venres ao serán cando unha das fillas avisou a Policía porque os seus pais non collían o teléfono. Os axentes acompañárona ao domicilio e foi alí onde atoparon o home nun cuarto, con feridas de arma branca, e a muller no dormitorio sen sinais de violencia. 

Ambos os dous eran coñecidos no barrio porque paseaban moito xuntos. Estiveran traballando durante anos en Tenerife, logo viviron en Baiona e desde hai dous anos residían en Vigo, onde ela herdou o piso da nai.

A Policía Nacional non puido confirmar, polo de agora, se houbera episodios de violencia previa entre a parella. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade