Investigan un home de Ferrol por permitirlle conducir ao seu fillo de 15 anos
Investigan un home de Ferrol por permitirlle conducir ao seu fillo de 15 anos
Foron interceptados o pasado sábado mentres circulaban pola autoestrada AP-9 ao seu paso por Narón
A Garda Civil investiga un home de Ferrol por permitir que o seu fillo, de 15 anos, levase o coche pola AP-9 cometendo un presunto delito contra a seguridade viaria, tras ser interceptados o pasado sábado mentres circulaban pola autoestrada mencionada ao seu paso por Narón.
A nota engade que unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Ferrol observou que un turismo "realizaba unha condución anómala, impropia dun condutor capacitado ou coas súas habilidades minguadas", á altura do quilómetro 34 desa vía.
Os axentes pediron que se detivese e confirmaron que ao "volante ía un menor de 15 anos, acompañado no asento dianteiro dereito polo seu pai".
"Procedeuse á instrución de dilixencias, dirixidas ao xulgado de garda de Ferrol, resultando investigado o pai do menor e titular do vehículo por un supuesto delito contra a seguridade viaria en grao de cooperador necesario", conclúe o informe da Garda Civil.