Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un home por abandonar o seu can nunha casa en Ames tras mudarse a Santiago

Investigan un home por abandonar o seu can nunha casa en Ames tras mudarse a Santiago

A Garda Civil rescatou o animal tras a denuncia de varios veciños que escoitaban chorar e xemer o can

G24.gal 16/07/2022 12:55

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil en colaboración coa Policía Local de Ames, investiga un varón como suposto autor dun delito de maltrato animal e abandono.

 Todo sucedeu tras informar a comunidade de propietarios de veciños onde residía o home, dun posible abandono dun animal no interior do piso que levaba meses que oían xemer e chorar a un can e non vían ao propietario polo edificio.

Unha patrulla do Seprona trasladouse ata o lugar para verificar a veracidade da información recibida. Tras averiguar a localización do propietario do animal que residía agora e traballaba en Santiago, comprobaron que o animal estaba falto de manutención, custodia e vixilancia.

Atopárono en estado de caquexia severa e deshidratación no momento da súa exploración o que dificultaba a liberdade de movementos ,en condicións hixiénicas desfavorables, unllas moi longas e curvadas e cúmulo de excrementos.

O can, unha femia dunha raza potencialmente perigosa, estaba sometido a un sufrimento inxustificado, agravándose o seu estado co transcurso de tempo. e mesmo correndo risco para a súa vida ao non recibir os coidados necesarios.

 A Garda Civil procedeu a incautación cautelar do can para a súa supervivencia.

Reincidente

Dáse a circunstancia de que o suposto propietario do animal xa foi proposto para sanción polo Seprona hai dous anos por carecer o animal de identificación con microchip, licenza para a posesión de animais potencialmente perigosos e seguro de responsabilidade civil obrigatorio.

Na data da aprehensión continuaba coas mesmas irregularidades, feitos que permitiron constatar que se trataba do mesmo can e comprobar o detrimento do seu estado de saúde. As actuacións realizadas foron posta a disposición do Xulgado de Instrución de Santiago.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar