Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un home por conducir en sentido contrario pola A-55

Investigan un home por conducir en sentido contrario pola A-55

O home deu positivo no control de alcol e drogas

G24.gal 29/07/2024 18:52

A Garda Civil de Pontevedra investiga un home de 54 anos por conducir en sentido contrario pola autovía A-55, baixo o efecto ademais de alcol e drogas.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do domingo, ao redor das 2:40 horas.

Varios condutores alertan mediante chamadas telefónicas á Central Operativa de Tráfico.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico do Porriño detivo o vehículo, unha furgoneta de cor branca conducida por un cidadán portugués.

 Unha vez detido o vehículo os axentes observan que o seu condutor presentaba evidentes síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Tras efectuar as preceptivas probas de detección de alcol e drogas, o resultado é positivo nas dúas.

O home está acusado de dous delitos contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor con temeridade manifesta, en sentido contrario nunha autovía, así como un delito por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar