Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o atropelo na Coruña dun autobús urbano á condutora dun patinete eléctrico

Investigan o atropelo na Coruña dun autobús urbano á condutora dun patinete eléctrico

A vítima foi trasladada en ambulancia con prognóstico leve

G24.gal 30/05/2024 14:15

"Escoitei un golpe e cando mirei, xa vin o patinete tirado e a señora case debaixo do autobús. E porque reaccionou ben, que ela deu a volta, senón quedaba debaixo das rodas", explica Patricia Sánchez, testemuña do accidente.

A vítima é unha muller de 52 anos que circulaba co seu patinete eléctrico polo carril bici da coruñesa rúa Mariscal Pardo, próxima á fonte de Catro Camiños, e ao chegar á altura do semáforo foi atropelada por un autobús urbano que cobre a liña do campus universitario.

Aconteceu minutos antes das oito da mañá e, malia a aparatosidade do sinistro, a muller foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario con prognóstico leve.

"Queixábase do brazo porque a ela xa a operaran. Ao condutor do autobús fixéronlle as probas e deu negativo en alcol e drogas. Foi un accidente... Ela é moi  prudente, sempre para aí e leva o casco posto", explica Patricia Suárez.

Non é o primeiro accidente, nin moito menos, entre un vehículo a motor e un vehículo de mobilidade persoal. De feito, na Coruña, durante o 2023, a Policía Local interpuxo 118 denuncias coas súas correspondentes sancións e retiveron unha ducia de patinetes eléctricos.

"Van a moitísima velocidade, circulan polas beirarrúas... É un perigo".

As infraccións máis comúns dos condutores dos patinetes eléctricos van desde os excesos de velocidade ata dar positivo nos tests de alcol e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade