Cargando resultados...
Irán libera o español Sánchez Cogedor, apresado en outubro de 2022
Irán libera o español Sánchez Cogedor, apresado en outubro de 2022
Realizaba unha viaxe a pé cara a Qatar con motivo do mundial de fútbol
G24.gal
31/12/2023 21:18
A embaixada de España en Irán acaba de anunciar a liberación do aventureiro español Santiago Sánchez Cogedor. Santiago fora detido en outubro de 2022, mentres realizaba unha viaxe a pé cara a Qatar con motivo do mundial de fútbol. En Irán decidiu visitar a tumba de Mahsa Amini, e foi aí cando foi apresado.
A embaixada asegura que a liberación de Santiago prodúcese grazas ás relacións amistosas e históricas entre os dous países e en cumprimento das leis. Cogedor era o único español preso en Irán despois de que en febreiro do ano pasado fora liberada á galega Ana Baneira tras 138 días nunha prisión iraniana.