"O achado do Poseidón constata que o uso de narcosubmarinos non é un feito illado"
"O achado do Poseidón constata que o uso de narcosubmarinos non é un feito illado"
Jaime Gayá, xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia: "Hai unha sobreprodución de cocaína nos países de orixe e as redes criminais multiplican os envíos"
O achado do Poseidón é a constatación de que o uso de narcosubmarinos para introducir droga non é un feito illado e de que deben redobrarse esforzos para loitar contra estes novos métodos ideados polas redes criminais.
Así llo confirmou hoxe ao Galicia Noticias o xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia, quen asegura que a vía marítima segue sendo a principal porta de entrada da droga na nosa comunidade e que hai ademais unha sobreprodución mundial de cocaína.
A proa do Poseidón asomando no medio da ría de Arousa é a metáfora do que supón na historia do narcotráfico en Galicia: a punta do iceberg. A proba de que o uso de narcosubmarinos para introducir droga nas nosas costas non é un feito illado.
As hipóteses coas que traballan é que a operativa se fai en tres fases: o alixado en América do Sur, a travesía polo Atlántico e a descarga na ría, onde se deben redobrar esforzos para saber como se fan e frustralas.
Asegura Gayá que hai unha sobreprodución de cocaína nos países de orixe e as redes criminais multiplican os envíos. A principal vía de entrada da droga en Galicia e en Europa é a través de colectores, e de aí que se aumente o control nos tres portos galegos para impedilo.
O porto de Vigo, onde se incautaron estes mes de dous alixos de cocaína, é dos poucos que conta cun escáner de colectores, que vai ser renovado proximamente.