Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juan Manuel Vieites: "En Bruxelas fanlles moito caso aos ambientalistas pero non ao sector do mar"

Juan Manuel Vieites: "En Bruxelas fanlles moito caso aos ambientalistas pero non ao sector do mar"

A Confederación de Empresarios de Galicia cualifica como "moi mala noticia" que a Comisión Europea prohiba pescar en 87 áreas das augas comunitarias

G24.gal 16/09/2022 08:58

A Confederación de Empresarios de Galicia cualifica como "moi mala noticia" que a Comisión Europea prohiba pescar en 87 áreas das augas comunitarias, para así protexer os fondos mariños de coral.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, dixo no Galicia por diante que é a demostración de que en Bruxelas teñen máis forza os grupos ecoloxistas que a xente do mar.

"Na Comisión Europea fanlles moito caso aos temas ambientalistas pero non ao sector profesional do mar, e iso leva a que Galicia se vexa moi comprometida e con moita intranquilidade e que lle afecte á estabilidade da nosa frota".

Vieites tamén avanzou que van pedirlle ao Goberno central que redacte unha nova Lei de costas, ante a "inseguridade xurídica", dixo, que supón a actual normativa para as empresas instaladas á beira do mar.

"Todo vai na dirección de pouca seguridade xurídica. Todo vai na dirección de moito de ideolóxico, non existindo impacto ambiental nin paisaxístico nin problema asociado e polo tanto a restrición da economía do litoral".

"Para Galicia isto é moi negativo e nós estamos xa pedindo, e vai haber unha reunión a próxima semana en Madrid, á parte da transferencia e da lei que a propia Xunta de Galicia poida facer, realmente unha nova lei de Costas que modifique substancialmente ese aspecto social, económico, tamén ambiental, que é a liña medular para ter unha defensa do sector sen fisuras ante o Goberno do Estado".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade