Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prodúcese unha lea multitudinaria e violenta na zona de viños de Ourense na noite do sábado

Prodúcese unha lea multitudinaria e violenta na zona de viños de Ourense na noite do sábado

Puñazos, golpes e patadas entre numerosos mozos o sábado pola noite

G24.gal 31/01/2022 14:43

Unha última liorta multitudinaria o sábado á noite na zona dos viños de Ourense ten impactada a veciñanza. Nun vídeo que corre polas redes sociais pódense ver puñazos na cara e impactos contra o chan.

En Ourense din que isto é continuo, de feito ao día seguinte, algunhas destas mesmas persoas participaron noutra lea na zona vella da cidade. Hai quince días producíase outra brutal pelexa multitudinaria, na rúa doutor Fleming de Ourense.

As forzas de seguridade apuntan que no último mes déronse en Ourense unha decena de agarradas e agresións e que en xeral aumentaron dende o confinamento. En Ourense din estar fartos destas refregas, do vandalismo e das molestias e ruídos que provocan. 

Segundo a Policía Nacional de Ourense, polo de agora non houbo detidos nin denuncias por esta última lea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade