Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberadas sete mulleres en Málaga vítimas de explotación sexual

Liberadas sete mulleres en Málaga vítimas de explotación sexual

As vítimas eran obrigadas a prostituírse nos tres pisos que a banda tiña na localidade de Torre del Mar

A Policía Nacional detivo 13 integrantes do grupo

G24.gal 14/03/2022 08:24

A Policía Nacional desmantelou en Málaga unha banda que explotaba sexualmente mulleres e detivo trece integrantes do grupo.

Sete mulleres, case todas elas estranxeiras, foron liberadas. As vítimas eran obrigadas a prostituírse nos tres pisos que a banda tiña na localidade de Torre del Mar e eran vixiadas en todo momento polos delincuentes a través das cámaras de seguridade instaladas nas vivendas.

No rexistro dos locais, a policía interveu case 4.000 euros en efectivo e distintas cantidades de cocaína e marihuana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade