Localizan en bo estado o octoxenario desaparecido en Verín dende o venres
Localizan en bo estado o octoxenario desaparecido en Verín dende o venres
En Rairiz de Veiga buscan un home de 97 anos con alzhéimer visto por última vez no lugar de Sabariz
A familia do octoxenario que faltaba do seu domicilio, no municipio de Verín, desde este venres, localizouno á primeira hora deste sábado en bo estado no lugar de Marbán, no veciño concello de Castrelo do Val.
Segundo informa o 112, Protección Civil informou da súa aparición minutos antes das 8:30 horas. A agrupación de voluntariado unírase ao operativo de procura da Garda Civil, no que tamén participaron a Policía Local e a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias.
Desaparecido en Rairiz de Veiga
Mentres, continúa a busca doutro home, de 97 anos, ao que se lle perdeu a pista o venres pola tarde en Rairiz de Veiga. Neste caso, o dispositivo é de alto risco porque padece alzhéimer.
O Concello solicita axuda urxente a través das redes para localizar o nonaxenario que foi visto por última vez no lugar de Sabariz, entre as 19:00 e as 19:30 horas.
No operativo, posto en marcha pola Garda Civil, participan drons da Axencia Galega de Emerxencias, efectivos do GES de Muíños e voluntariado de Protección Civil.