Recuperan o corpo do piloto da avioneta accidentada en Pena Trevinca
Recuperan o corpo do piloto da avioneta accidentada en Pena Trevinca
O aparello foi localizado na parte zamorana da serra, nunha zona de difícil acceso
Tras catro horas de travesía, os equipos de rescate conseguiron extraer o corpo sen vida do piloto Santiago Durán da zona do accidente onde a súa avioneta se estrelou o pasado mércores.
Nesta operación participaron axentes do Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (Ereim), do servizo aéreo de León e compoñentes da Comandancia de Zamora.
A primeira hora da tarde do venres os medios aéreos uníanse as tarefas de rescate tras mellorar as condicións meteorolóxicas. Pouco despois un helicóptero de Medio Ambiente da Junta de Castela e León atopaba os restos da avioneta nunha ladeira de Pena Trevinca, na zona de Zamora.
Segundo confirmaron fontes da Delegación do Goberno, os efectivos de procura avistaron a avioneta nunha zona inaccesible de Porto, polo que ata o lugar vanse desprazar efectivos do Greim, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil.
Finalmente efectivos da Garda Civil e dos bombeiros localizaron o piloto a avioneta contraincendios que desapareceu o pasado mércores, 19 de outubro, nunha zona de difícil acceso no municipio zamorano de Porto, no límite con Ourense, na parte de Pena Trevinca pertencente a Castela e León.
Un home de 36 anos, natural de Sevilla, casado e con dous fillos. Segundo a empresa para que traballaba, Santiago Durán tiña unha grande experiencia como piloto. Estivo durante a campaña de incendios aquí en Galicia. O mércores saíu da base de Doade, en Sober, para regresar a Córdoba, pero o mal tempo obrigouno a dar a volta. Non se soubo nada máis del ata agora. A busca centrouse no límite entra as provincias de Ourense e Zamora.
O Xulgado da Pobra de Seabra dirixe a investigación, en que tanto a Garda Civil como a Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil intentarán determinar que aconteceu. O cádaver do piloto falecido será trasladado ao Instituto Anatómico Forense de Zamora.
A avioneta, un monopraza Thrush 710P con matrícula EC-MXL, atopábase realizando un voo de traslado o mércores desde as 11:35 horas entre a base de Doade e a base de Córdoba, pero as malas condicións climatolóxicas fixeron que o piloto decidise regresar ao momento de partida.
Localizado el cuerpo sin vida de Santi Durán, piloto de avión de extinción de incendios forestales, desaparecido en su aeronave desde el pasado miércoles.
— INFOCA (@Plan_INFOCA) October 21, 2022
Santi fue nuestro compañero en el avión de coordinación Sierra 8, con base en Sevilla. DEP. pic.twitter.com/bEXzt42LUl