Publicador de contidos
Publicador de contidos

Loito en Ribadeo polo pasamento de catro mozos no accidente de Xove

Loito en Ribadeo polo pasamento de catro mozos no accidente de Xove

O Concello ten as bandeiras a media hasta e suspende as actividades programadas

Tres dos rapaces estaban vencellados á Sociedade Deportiva Ribadeo

G24.gal 01/04/2023 21:15 Última actualización 01/04/2023 21:26

As bandeiras do Concello a media hasta son o símbolo do sentimento que afecta a Ribadeo, logo do falecemento de catro mozos da vila no accidente de Xove.

Tres dos mozos implicados no accidente estaban vencellados á Sociedade Deportiva Ribadeo. A noticia da morte tan tráxica destes rapaces sorprendeulles na previa a disputar un partido. 

O sentimento de pena é común en toda a vila pola tráxica morte de catro dos seus rapaces Lara,Uxía, Serxio e Xesús de entre 17 e 19 anos.

O Concello suspendeu as actividades programadas en sinal de loito e tampouco se levarán a cabo outros actos relacionados coa Semana Santa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade