Publicador de contidos
Publicador de contidos

Malestar no sector pesqueiro pola autorización aos eólicos mariños

Malestar no sector pesqueiro pola autorización aos eólicos mariños

A Federación Nacional de Confrarías respecta a aposta polas enerxías renovables pero critica a presión continua que sofren dende hai anos

G24.gal 01/03/2023 09:23 Última actualización 01/03/2023 11:24

Xornada de reaccións despois de que o Goberno anunciase os plans para instalar parques eólicos no mar. O Executivo permitirá parques eólicos mariños en catro zonas da costa Cantábrica en Galicia e un quinto na desembocadura do Miño.

No conxunto de España son ata 5.000 quilómetros cadrados e 19 zonas as delimitadas como de alto potencial para o desenvolvemento de enerxía eólica.

O Observatorio para a eólica mariña que se creou en Galicia reunirase mañá xoves para avaliar este plan do Goberno.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías Basilio Otero amosou esta mañá no Galicia por diante da Radio Galega o malestar da frota pesqueira galega cos plans do Executivo para implantar muíños no mar. Dixo botar en falta diálogo para pactar co sector os lugares en que se podían implanta-los polígonos eólicos mariños.

Na Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero sinala que o sector avoga pola enerxía renovable e a eliminación do consumo de combustibles fósiles pero que iso non pode facerse á costa de perder empregos na pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade