Margarita Ledo, premio Mestre Mateo de Honra
Margarita Ledo, premio Mestre Mateo de Honra
A xornalista e directora recibirá o premio de honra Fernando Rey da XX edición dos Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual recoñécea como "figura de referencia na cultura galega"
O premio entregaráselle na gala, o 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña
A Academia Galega do Audiovisual recoñece á cineasta e investigadora Margarita Ledo Andión co premio de honra Fernando Rey na XX edición dos Mestre Mateo, pola súa "ollada propia e fondamente comprometida con valores como a lingua ou o feminismo". Cos seus filmes, como o recente Nación, Margarita Ledo recupera voces e relatos da nosa historia recente, sempre desde unha posición independente e reivindicativa.
O galardón entregaráselle na gala dos Mestre Mateo, que este ano será o 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Entrevistámola no Diario Cultural da Radio Galega.