Mariscadoras da área de Pontevedra e do Salnés terán un plan de prevención de disfuncións do solo pelviano

Sanidade, Mar e Promoción do Emprego e Igualdade uníronse nesta iniciativa
Tres consellerías presentaron hoxe un programa especifico para previr as disfuncións do solo pelviano das mariscadoras nas áreas sanitarias do Salnés e de Pontevedra.
Segundo informou a Xunta desde a cofradía de Raxó, trátase dun acordo entre as consellerías de Sanidade, Promoción do Emprego e Igualdade, e Mar.
Promoverase a participación neste programa entre as mariscadoras, que poderán asistir a charlas e obradoiros de prevención. Entre eles, tratatáranse estratexias de prevención para un uso acomodado das ferramentas e corrixir os erros de mecánica corporal no traballo.