Publicador de contidos
Publicador de contidos

Turistas galegos denuncian a desorganización que viviron nunha viaxe do Imserso

Turistas galegos denuncian a desorganización que viviron nunha viaxe do Imserso

Tiñan previsto o seu regreso para este venres, pero ata o sábado non puideron subir ao avión que os trouxo de volta á casa

O día anterior pasaron a tarde no aeroporto de Barcelona

G24.gal 20/04/2024 14:43 Última actualización 20/04/2024 15:49

Eran ás once e media da mañá deste sábado, cando un grupo de medio centenar de xubilados chegaba ao aeroporto de Santiago tras participar nunha viaxe do Imserso. O seu regreso de Barcelona estaba previsto para o venres, no voo das catro e vinte da tarde, pero non lograron embarcar. Denuncian que perderon a conexión debido a un atraso do guía que os debía recoller no hotel.

Tras pasar a tarde do venres no aeroporto, recolocáronos nun hotel diferente ao das súas vacacións. Critican a organización da viaxe e dubidan se volverán repetir a experiencia.

"Moi cansa, tanto viaxe en bus, repetir, volta para adiante e para atrás. Veño cansa, enfadada e de todo".

"Nerviosos, cansos... Nós xa levamos varios anos no Imserso, pero este foi o peor de todos. O ano que vén se segue a mesma compañía, pois non".

Hai 25 persoas afectadas máis que aterraban no aeroporto da Coruña na mañá do sábado. Para chegar á casa faltaba aínda unha viaxe a Lugo en autobús.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade