Publicador de contidos
Publicador de contidos

MEGASA rexistrou unha fuga radiactiva o pasado 8 de xuño

MEGASA rexistrou unha fuga radiactiva o pasado 8 de xuño

Actualmente, a empresa ten parada a produción de aceiro e o sistema de extracción de po de fume

G24.gal 13/06/2023 20:20

A empresa Megasa Siderúrxica, situada no municipio de Narón (A Coruña), sufriu unha fuga dunha fonte radioactiva de Cesio-137 nun forno de arco eléctrico o pasado 8 de xuño.

Esta situación obrigou á parada de produción de aceiro.  

"De maneira inmediata, o organismo regulador levou a cabo as comprobacións pertinentes a través da súa rede automática de estacións de vixilancia radiolóxica, confirmando que o suceso non tivera repercusión para o medio ambiente, posto que as medidas de radiación fóra da instalación presentaban valores habituais", informa o Consello de Seguridade Nuclear nun comunicado.  

Segundo explica, o incidente foi identificado polos pórticos de detección, ao producirse unha alarma de radioactividade durante a saída dun camión cargado con po de depuración.

Ante este feito, o persoal da instalación detivo a produción de aceiro e a saída de produtos da instalación.  

Actualmente, a empresa ten parada a produción de aceiro e o sistema de extracción de po de fume.

Os materiais contaminados atópanse illados e acordoados no interior da instalación.

O CSN enviou o pasado luns un inspector á instalación para comprobar a situación e para poder autorizar a saída dos materiais que non foron contaminados.

Despois desa revisión, o organismo vai requirir a MEGASA que comprobe que "ningún traballador se viu afectado e que elabore un plan para a limpeza e descontaminación da instalación". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar