Meritxell Batet renuncia á acta de deputada e abandona a política
Meritxell Batet renuncia á acta de deputada e abandona a política
O seu substituto no Congreso sería Ignacio Conesa Coma
A expresidenta do Congreso Meritxell Batet, que exerceu este cargo durante as dúas últimas lexislaturas, renuncia á súa acta como deputada e abandona a primeira liña da política.
Batet, que encabezou a candidatura do Partido Socialista de Cataluña por Barcelona nas eleccións do 23 de xullo, era deputada desde 2004 e foi tamén ministra de Política Territorial e Función Pública durante un ano (entre xuño de 2018 e maio de 2019) no primeiro goberno de Pedro Sánchez.
A ata o de agora dirixente socialista é xurista e con praza de profesora na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.
O PSOE obtivo trece escanos nas eleccións xerais do 23 de xullo na circunscrición de Barcelona, polo cal, o substituto de Batet no Congreso sería Ignacio Conesa Coma, que ocupaba o posto número 14 na lista.