Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago baixo o lema "Stop ao xenocidio" en Gaza

Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago baixo o lema "Stop ao xenocidio" en Gaza

A manifestación, convocada por varias asociacións galegas de apoio a Palestina, saíu da Alameda e rematou na praza das Praterías

G24.gal 17/12/2023 14:45 Última actualización 17/12/2023 17:01

Milleiros de persoas manifestáronse este domingo en Santiago en apoio ao pobo palestino e para reclamar o cesamento da guerra en Gaza por parte de Israel. Baixo o lema "Stop ao xenocidio. Galicia con Palestina", a manifestación saíu da Alameda e percorreu as rúas da zona vella ata a praza das Praterías.

Os manifestantes denunciaron os "bombardeos indiscriminados" por parte do exército israelí, que desde o comezo do conflito provocaron a morte de 19 mil civís en Gaza. Á marcha, convocada por varias organizacións de apoio a Palestina, asistiu a voceira nacional do BNG.

Ana Pontón denunciou a complicidade da comunidade internacional ante a situación "insostible" que está  a vivir en Gaza, onde, segundo dixo, estase a cometer un xenocidio e crimes contra a humanidade.

"Un auténtico xenocidio que se está producindo por parte de Israel coa complicidade dos Estados Unidos e da propia UE. Nese sentido, cremos que é importante que o goberno do Estado español dea un paso máis. Dar un paso máis significa que hai que romper relacións diplomáticas con Israel e que hai que levar a Netanyahu e o seu goberno á Corte Internacional para denuncialos, porque están cometendo crimes contra a humanidade", dixo a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

"Queremos berrar todos xuntos para que este masacre teña fin, este xenocidio e esta limpeza étnica, non hai cualificativos para o que está pasando", engadiu o presidente da Asociación Galaico-Árabe Jenin, Sami Ashour,

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade