O PP é o partido máis votado en Galicia co 38,4 % dos apoios, seguido polo PSdeG co 29,2 % e polo BNG co 17,3 %
O PP é o partido máis votado en Galicia co 38,4 % dos apoios, seguido polo PSdeG co 29,2 % e polo BNG co 17,3 %
O PP é o partido máis votado en Galicia co 38,4 % dos apoios, seguido polo PSdeG co 29,2 % e polo BNG co 17,3 %
O PP galego logrou mellorar os seus resultados municipais nos comicios deste domingo respecto á cita nos concellos de 2019, co PSdeG en retroceso e o BNG á alza.
A formación dirixida por Alfonso Rueda gañou as eleccións con case un 38,4 % dos votos, seis puntos máis que hai catro anos e nove puntos máis que o PSdeG, segunda forza, cando en 2019 apenas gañou estes comicios municipais por medio punto sobre os socialistas.
"Galicia expresouse con claridade: O PP de Galicia gañou as eleccións municipais", asegurou Alfonso Rueda na súa valoración dos resultados.
"Agradezo a todas as persoas que hoxe se achegaron aos colexios electorais e apostaron pola estabilidade e polo progreso. E tamén teño que dicir que este resultado prepara o cambio que está un pouco máis próximo en España cando cheguen as eleccións xerais", dixo o presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia.
PP e BNG lograrían sumar ao redor duns cen concelleiros máis cada un, unha cantidade similar á que perderían conxuntamente os socialistas en toda Galicia.
O secretario xeral dos socialistas galegos Valentín González Formoso dicía sobre os resultados: "O PPdeG mantense lonxe da representatividade das grandes cidades de Galicia, mentres que o PSdeG mantén por riba dos 1000 concelleiros a súa representación municipal".
Pola súa parte, a voceira nacional do BNG Ana Pontón sacou peito, entre outros, dos bos resultados de Goretti Sanmartín en Santiago, que "consolidan un cambio de ciclo" dende as pasadas eleccións galegas.
Os nacionalistas asumen "a responsabilidade de ser alternativa real fronte ao PP".
O PP recupera nestas eleccións a Alcaldía de Ferrol por maioría absoluta e é a primeira forza en cinco das sete principais cidades —A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela—, aínda que non poderá gobernar máis que en Ferrol debido á falta de aliados.
Minuto a minuto
Abren os colexios electorais en Galicia e en toda España
Interior informa que o 99,39% das 3.961 mesas electorais en Galicia constituironse con normalidade sobre a hora fixada para a apertura
O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro destaca a "normalidade" no proceso de constitución das mesas
O presidente do Goberno vota nun colexio da zona de Moncloa en Madrid entre berros de "¡presidente, presidente!" e algúns apupos
Pedro Sánchez tras exercer o seu dereito ao voto chama á participación: "É moi importante votar en positivo, esquecendo a crispación"
A apertura dos colexios electorais en Galicia completouse sen incidencias
As 3.961 mesas electorais destinadas ás municipais de Galicia quedaron constituídas media hora despois de abrir, segundo informa a Delegación do Goberno.
A primeira en facelo foi a do colexio de Riomol, en Castroverde (Lugo), cando pasaban pouco máis dun minuto das oito da mañá.
Primeiras anécdotas da xornada. Unha votante obrigada a quedar na mesa electoral
Elizabeth a primeira votante no Colexio da Purísima, en Ourense, onde votou o Alcalde de cidade Pérez Jácome, foi obrigada a quedar na mesa electoral ante a falta de xente convocada para que se puidese iniciar a votación
A mesa electoral do colexío La Purísima en Ourense retrasosue 15 minutos na súa constitución porque non se presentou o vogal titular, nin os suplentes
O candidato do PP en Ourense, Manuel Cabezas, equivócase de colexio electoral
Cabezas acudiu ao colexio incorrecto e finalmente puido exercer o seu dereito ao sufraxio no local que lle correspondía
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores tivo que volver á casa xa que olvidou o seu DNI para poder votar
A xornada electoral transcorre con normalidade en toda España
O 99,42% das mesas electorais estaban constituidas con normalidade ás 10:00horas, confirma Interior. En concreto abriron 60.195 das 60.542 previstas
Ferrol esperta na xornada electoral despois da festa polo ascenso do Racing
As mesas electorais constituironse sen incidentes e os veciños acoden a votar con normalidade despois dunha longa noite de celebracións na cidade
A Voceira nacional do BNG, Ana Pontón, votou na sede do CGAC en Compostela ás 11:15 horas deste domingo e fixo un chamamento á participación de todos.
Reclama unha votación masiva para que os concellos poidan facer realidade as políticas que quere e precisa a cidadanía, que ten o poder co seu voto
Fíxoo acompañada de Néstor Rego, deputado no Congreso
O presidente do PP e líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo votou no seu colexio electoral en Madrid
Feijóo pide votar de xeito "masivo": "Estas eleccións mandan unha mensaxe do que a xente quere para o futuro"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda votou este mediodía no Centro de Tecnificación de Galicia de Pontevedra
Apelou á máxima participación para elexir aos alcaldes dos 313 concellos de Galicia. Ve "fundamental" a participación este 28M e agarda unha xornada "tranquila"
O alcalde de Ferrol e candidato á reelección, Angel Mato, votou no seu colexio electoral na cidade
Foi cunha máscara porque na xornada de reflexión detectouselle a covid, o que lle impediu acudir ao partido do ascenso do Racing
O concello de Villaroya na Rioxa vota en 29 segundos e supera a súa marca anterior de 2019
Anécdotas da xornada: Tres monxas da mesma congregación presiden unha mesa electoral en Cantabria
Son dunha comunidade de 55 monxas da localidade de Ánaz cunha poboación de 150 habitantes, polo que non é estrano que algunha das monxas integren unha mesa electoral cando se convocan eleccións
O secretario xeral do PSdeG e candidato nas Pontes votou no CEIP A Magdalena desta localidade. Valentín González Formoso animou a gozar da festa da democracia con "paixón, normalidade e respecto". Segundo manifestou no colexio electoral, "temos que expresar o noso sentimento político, as nosas conviccións, de xeito tranquilo, como está a ocorrer en todo o país".
Primeiro avance de participación das eleccións do 28-M. En Galicia, ás dúas da tarde exerceran o seu dereito ao voto 791.967 persoas, o 35,57 %, case 1,4 puntos máis ca nos comicios de 2019.
Por provincias, a taxa en Ourense situábase no 39,59 % (+2,05); en Lugo, no 37,98 % (+3,8); en Pontevedra, no 35,29 % (+0,65) e na Coruña, no 34 % (+1,1).
No conxunto de España, ata esa hora votara o 36,7 % do censo, é dicir, algo máis de 13 millóns de persoas. A taxa situase un punto e medio por riba da rexistrada nas anteriores municipais.
Tarde de votación marcada polas treboadas. Así estaba a autovía Ourense-Santiago hai uns minutos.
Segundo avance de participación das eleccións do 28-M. En Galicia, ás seis da tarde exerceran o seu dereito ao voto 1.177.317 persoas, o 52,88 %, case un punto por riba dos comicios de 2019 (+0,70).
Por provincias, a taxa en Ourense situábase no 56,52 % (+1,77); en Lugo, no 57,17 % (+3,09); en Pontevedra, no 53,08 % (+1,15) e na Coruña, no 50,46 % (-0,62).
No conxunto de España, ata esa hora votara o 51,48 % do censo, é dicir, algo máis de 18 millóns de persoas. A taxa sitúase un punto e medio por riba da rexistrada nas anteriores municipais (49,93 %).
Morre un home de 76 anos no colexio electoral das Eiroas, no concello de Ourense, cando agardaba para votar. Comezou toparse mal e tentaron reanimalo pero, cando chegou a ambulancia, xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Por mor do incidente, as mesas pecharán 50 minutos máis tarde do establecido.
A enquisa de Gad3 dálle ao PPdeG a vitoria en cinco das sete cidades de Galicia. Unha delas sería A Coruña, onde obtén 11 concelleiros (sobe 2), por diante do PSOE, con 10 (gaña 1). O BNG mellora o seu resultado (pasaría de 2 a 4 edís) e, pola contra, Marea Atlántica perde catro concelleiros (tiña 6 e queda con 2). Ciudadanos queda sen representación.
En Ferrol, os populares alcanzan a maioría absoluta, ao conseguir 13 concelleiros (tiñan 12). O PSOE queda como segunda forza malia perder un edil (queda con 7). O BNG gaña un (queda con 3) e Ferrol en Común perde outro (queda con 2).
En Lugo, a enquisa outórgalle ao PP entre 12 e 13 concelleiros, polo que podería alcanzar a maioría absoluta (tiña 10). O PSOE conserva os seus 8 edís ou queda con 7. O BNG mantén os 5 que ten agora e Ciudadanos non acada representación.
En Ourense, os populares obteñen entre 9 e 10 concelleiros (tiñan 7) e os socialistas móvense entre sete e oito edís (tiñan 9). Democracia Ourensana perde un edil (queda con 6) e o BNG suma 2 concelleiros (queda con 4).
En Pontevedra, o PP consege entre 10 e 11 concelleiros (tiña 9), o mesmo resultado que alcanza o BNG (tiña 11) segundo a sondaxe. O PSOE mantén os seus 4 edís e Ciudadanos queda sen representación.
En Santiago, o PP vence con entre 9 e 10 escanos e o BNG adianta o PSOE pasando dos 2 edís actuais a 7. O PSOE, pola súa parte, baixaría de 10 a 6.
En Vigo, o PSOE mantería a maioría absoluta con entre 19 e 20 escanos (agora ten 20), o PP pasa de 4 a 5 e o BNG pode subir a 2 ou 3 concelleiros, do único co que conta na actualidade. Marea de Vigo queda fóra.
Nin Vox, nin Ciudadanos conseguiron representación nas sete cidades.
Todos os colexios electorais de Galicia pecharon este domingo sen incidencias salientables, salvo o das Eiroas, en Ourense, onde morreu un home mentres votaba polo que continuou aberto ata as 20:50 horas. Outro centro escolar da Coruña, o Emilia Pardo Bazán, estendeu a xornada ata as 20:36 horas por un atraso na constitución das mesas, segundo informan fontes da Delegación do Goberno.
Primeiros datos do reconto. Xa se poden consultar os datos ao 25 % do escrutinio en Galicia
Co 31 % escrutado DO sería a forza máis votada en Ourense con 10 concelleiros
Co reconto superando o 36 % do escrutinio o PP está a un concelleiro da maioría absoluta en Ferrol
Co escrutinio ao 59 %, Abel Caballero sitúa a súa maioría absoluta nos 19 concelleiros
PSOE e BNG lograrían maioría absoluta na Coruña con máis do 50 % escrutado
PSOE e BNG lograrían maioría absoluta na Coruña con máis do 50 % escrutado
Achegándose á metade do escrutinio, o PP sería primeira forza en Pontevedra, con 12 concelleiros, seguido do BNG, con 8, e o PSdeG, con 5
Superado o 60 % escrutado en Santiago, o BNG situaríase como segunda forza con 6 concelleiros, empatado co PSOE. O PP sería primeiro con 11
Superado o 80 % do reconto, o PP alcanza a maioría absoluta en Ferrol con 13 concelleiros
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
Bugallo anuncia a súa dimisión tras situarse o PSdeG como terceira forza en Santiago
"A Coruña non para. A Coruña avanza co PSdeG-PSOE", di Inés Rey que apunta que repetirá como alcaldesa
Jácome reta ás enquisas e sitúa o seu partido, Democracia Ourensana, como a forza máis votada. Obtén 10 concelleiros, seguido do PP, con 7, o PSOE, con 6, e o BNG, con 4
Miguel Anxo Fernández Lores: "Teño que dicir que os resultados mándanme un recado, un aviso, que queren que o faga moito mellor. É obvio que a lectura pode ir por aí e tomo nota. Polo tanto, que estean tranquilos que vou facer caso da súa recomendación e vou intentar facelo cada vez mellor".
A voceira nacional do BNG Ana Pontón saca peito dos bos resultados de Sanmartín, que "consolidan un cambio de ciclo" dende as pasadas eleccións galegas. Os nacionalistas asumen "a responsabilidade de ser alternativa real fronte o PP".
"Ourense berrou esta noite e a democracia falou", di Jácome. "É un triunfo histórico dun partido independente en Ourense, o único que goberna unha capital de provincia. E hoxe lograremos en torno a 18.000 votos. Non vou facer o speech da miña vida, quero daros as grazas a todos. Estamos aínda asimilando os resultados. Hai unha cidade que gobernar".
"Nunca poderei esquecer unha confianza tan maioritaria. Este é o mellor resultado electoral que se obtivo en toda a historia da nosa cidade", di Rey Varela. "E iso non é só unha honra, é unha gran responsabilidade".
Abel Caballero: "Isto é dunha importancia capital. Tres maiorías absolutas contundentes seguidas, tres, cinco maiorías de Goberno e a cidade continúa o cambio, continúa o avance, segue navegando co rumbo posto cara a estrela polar. Pero, non hai un só resultado na historia democrática de España igual ao que hoxe acabamos de ter na cidade de Vigo. En ningunha gran cidade".
Manuel Cabezas: "A mellora na cidade non foi o suficiente para alcanzar o obxectivo que nos marcaramos. Polo tanto o resultado non é bo. Elaboramos un proxecto de futuro que críamos que a cidade precisaba pero o cidadán elixiu outra cousa diferente, polo tanto non hai máis que aceptalo. O traballo do equipo e da candidatura foi extraordinario pero non callou no electorado".
Valentín González Formoso: "Respecto a Santiago non albiscabamos este resultado, as enquisas ían amosando un diferencial co BNG duns dous concelleiros e non albiscamos esta posibilidade. Bugallo fai ese anuncio que temos que respectar e ábrese un novo escenario pero optimista porque vai ser un goberno de progreso"
"En canto a Ourense estamos moi sorprendidos", di González Formoso. "Hai que respectar á sociedade pero o resultado que obtén Jácome ten que ternos sorprendidos e entristecidos".
Alfonso Rueda: "Galicia expresouse con claridade: O PP de Galicia gañou as eleccións municipais. Agradezo a todas as persoas que hoxe se achegaron aos colexios electorais e apostaron pola estabilidade e polo progreso. E tamén teño que dicir que este resultado prepara o cambio que está un pouco máis próximo en España cando cheguen as eleccións xerais".