Morre a condutora do turismo implicado no accidente contra un furgón en Porto do Son
Morre a condutora do turismo implicado no accidente contra un furgón en Porto do Son
Remata a fin de semana cunha persoa falecida nas estradas galegas
No accidente houbo outros nove feridos de distinta consideración
Este domingo falecía no hospital clínico de Santiago a condutora do turismo implicado no accidente rexistrado o venres en Porto do Son, nas proximidades do areal da Aguieira, no que bateu contra un furgón.
O sinistro obrigou a cortar e desviar o tráfico na estrada entre O Son e Portosín tras envorcar o furgón na estrada.
A muller era unha moza de 22 anos veciña da parroquia de Caamaño. Permanecía ingresada na UCI en Santiago pero non se recuperou das feridas.
Ademais dela no coche ían dous irmáns seus, un permanece en coidados intensivos e o outro recupérase na casa das feridas. No furgón, ademais do condutor, viaxaban sete turistas estranxeiros.