Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre ao caerlle enriba un carballo cando cortaba outra árbore

Morre ao caerlle enriba un carballo cando cortaba outra árbore

O accidente ocorre nun monte de Baños de Molgas

G24.gal 10/02/2023 19:21 Última actualización 10/02/2023 19:52

A vítima é un home de 68 anos que cortaba leña nun monte da súa propiedade en Calvelo, no concello de Baños de Molgas.  

O accidente ocorreu a primeira hora da tarde cando tallaba un castiñeiro xunto co seu irmán. A árbore caeu sobre un carballo que á súa vez caeu sobre o home.

Foi o irmán quen decontado deu a voz de alarma. Ao lugar mobilizouse un equipo do GES de Maceda e incluso un helicóptero medicalizado.

Pero os servizos de urxencias non puideron facer nada pola vítima, que xa falecera.

A noticia causou unha forte conmoción entre a veciñanza que se achegou ao lugar alertada polo dispositivo despregado.

A Garda Civil custodiou o corpo no lugar do accidente ata a chegada do forense e do xuíz que autorizou o levantamento do cadáver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade