Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home en Vilaboa ao caerlle unha árbore enriba durante unha corta

Morre un home en Vilaboa ao caerlle unha árbore enriba durante unha corta

Foi trasladado con vida ao hospital, onde morreu a consecuencia das feridas

G24.gal 17/04/2022 08:28

Un veciño de Vilaboa de 54 anos morreu a consecuencia das graves feridas que sufriu ao caerlle enriba unha árbore durante unha corta. Foi nunha leira privada na Graña, no lugar de Postemirón, no concello de Vilaboa.

O accidente produciuse este sábado preto das once da mañá e, segundo informou o 112 nun primeiro momento, o home foi trasladado ao hospital Montecelo con vida. 

No operativo de urxencias participaron axentes da Garda Civil, Bombeiros do Morrazo e membros de Protección Civil de Vilaboa e de Soutomaior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade