Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Jorge, o frautista que percorría as rúas de Ourense, tras ser acoitelado esta semana

Morre Jorge, o frautista que percorría as rúas de Ourense, tras ser acoitelado esta semana

A Jorge Gómez, veciño do barrio do Vinteún que tocaba decotío na zona dos viños da cidade, acoitelárono na madrugada do xoves

Hai dous detidos en relación coa agresión

Estaba ingresado no CHUO cunha ferida na cabeza por arma branca

Entrada das urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense/Arquivo Entrada das urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense/Arquivo
G24.gal 17/08/2024 18:10

Un dos músicos da rúa máis coñecidos en Ourense faleceu nas últimas horas no hospital como consecuencia dunha coitelada que recibiu na madrugada do xoves. Hai dous detidos en relación cos feitos.

Investíganse as circunstancias en que se produciu a agresión que ocorreu na avenida de Santiago nas proximidades do bar Titanic. A vítima recibiu unha coitelada na cabeza que lle produciu un derrame cerebral. Permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Este sábado confirmábase o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade