Morre un motorista nun accidente en Nigrán nunha saída de vía
Morre un motorista nun accidente en Nigrán nunha saída de vía
O piloto da moto, de 22 anos, bateu contra un noiro probablemente tras perder o control nunha curva
Nova traxedia nocturna nas estradas, desta volta en Nigrán. Un motorista de só 22 anos faleceu pasadas as once da noite na PO-552 á altura da avenida Val Miñor.
Circulaba en sentido Vigo e, por motivos que se están a investigar, foise da vía nunha curva para acabar batendo contra un noiro.
Noutra moto viaxaba unha parella de amigos que ían por diante. Como el parou nun semáforo en vermello, agardárono ata que, estrañados pola tardanza, deron volta e atopáronse co sinistro.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias pero nada puideron facer por salvarlle a vida. A vítima era natural de Vigo e residía en Teo.
🔴 #AXEGAInforma dun motorista que perdeu a vida logo de caer do vehículo que manexaba en #Nigrán.
— 112Galicia (@112Galicia) June 25, 2023
Os servizos sanitarios nada puideron facer pola súa vida.
📰👉 https://t.co/7rnUHvqmPu pic.twitter.com/al6innzp6z