Investigan a morte dun mozo de 24 anos nun accidente laboral en Vigo
Investigan a morte dun mozo de 24 anos nun accidente laboral en Vigo
Conmoción na parroquia viguesa de Cabral, onde o falecido era moi coñecido
Conmoción na parroquia viguesa de Cabral tras un accidente laboral en que faleceu un mozo.
O home, de 24 anos, traballaba cunha carretilla elevadora cando, por causas que se investigan, acabou debaixo dela.
O sinistro ocorreu na rúa do Parachán en Cabral, onde a súa familia é moi querida e coñecida.
A investigación corre a cargo da Policía Nacional en coordinación co Xulgado de Instrución número 5 de Vigo e do ISSGA por tratarse dun accidente laboral.
O CIAE 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias 061, aos bombeiros, Policía Nacional e Policía Local. Unha vez no lugar, os bombeiros rescataron o mozo, que foi atendido por persoal sanitario, e o vehículo foi retirado por un guindastre.