Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un piloto galego nun accidente nun premio de motociclismo na Bañeza, en León

Morre un piloto galego nun accidente nun premio de motociclismo na Bañeza, en León

A vítima, de 47 anos, pertencía á escudería MMG Racing de Culleredo

O participante saíu nunha curva na última volta dos adestramentos e chocou contra un muro

Circuíto da Bañeza, en León, durante os adestramentos previos á carreira
G24.gal 11/08/2024 10:54 Última actualización 11/08/2024 20:24

O piloto grovense Javier Álvarez Pérez, da escuadra galega MMG Competición de Culleredo, faleceu este sábado nun dos adestramentos previos á disputa do Gran Premio de Velocidade da Bañeza, que celebra este domingo a súa  63 edición.

O accidente produciuse ao saír coa moto que conducía nunha curva do circuíto urbano que se celebra cada agosto nesta cidade leonesa. Segundo testemuñas presenciais, o piloto, da categoría GP125/Moto3, impactou co seu ombreiro contra unha paca, perdeu o control da motocicleta e chocou de fronte con outra das zonas de protección. A moto quedou encallada e o piloto saíu despedido. Como consecuencia do golpe contra o chan, o home morreu no acto debido a un forte golpe na cabeza.

Os sanitarios intentaron reanimalo durante máis de media hora sen éxito. O accidente provocou a suspensión dos adestramentos pendentes.

Diario de León informa de que este é o primeiro accidente mortal dun piloto na dilatada historia deste Gran Premio que cumpre a edición 63. Os organizadores valoraron suspender a proba do domingo pola conmoción causada polo sinistro, pero decidiron que se manteña a competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade