Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un traballador ao caerlle enriba unha máquina no polígono de Acevedo, en Cerceda

Morre un traballador ao caerlle enriba unha máquina no polígono de Acevedo, en Cerceda

Ata o lugar acudiron o 061, Garda Civil, Protección Civil, Policía Local e os bombeiros de Ordes para liberar o traballador

G24.gal 19/01/2022 11:21

Un operario faleceu na mañá deste mércores nun accidente laboral tras caerlle encima unha máquina industrial no polígono de Acevedo no concello coruñés de Cerceda.

 A vítima é un home de 36 anos de idade, veciño da comarca. Ao parecer estaba a reparar unha máquina retroescavadora no interior das instalacións da empresa Copagan, dedicada á produción e distribución de mestura para camada de vacún. Por causas que se descoñecen, o cazo da máquina caeulle enriba e ocasionoulle a morte.

 Ao lugar do accidente desprazouse un dispositivo amplo de urxencias integrado por bombeiros de Ordes, Protección Civil de Cerceda, Policía Local, Garda Civil e unha dotación do O61.

 Todos os efectivos permaneceron ante a nave en que se produciu o accidente ata pasado o mediodía, en que chegaron a autoridade xudicial e o forense para autorizar o levantamento do cadáver e o seu traslado para realizarlle a autopsia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade