Morre un traballador e outro queda ferido en Valdeorras ao caerlles unha pedra
Morre un traballador e outro queda ferido en Valdeorras ao caerlles unha pedra
Aconteceu esta mañá nunha nave de tratamento de lousa de Vilamartín de Valdeorras
Un traballador das canteiras de Vilamartín de Valdeorras morreu e outro quedou ferido tras o desprendemento dunha pedra nunha nave de tratamento de lousa.
O suceso produciuse ao redor das 9:30 da mañá cando o 112 de Galicia foi alertado dun accidente laboral nunha canteira de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, con dous operarios implicados.
O falecido é un home de 44 anos, veciño de Ponferrada, que morreu no lugar. Outro home, de 47 anos, de León, quedou ferido de gravidade, segundo detallaron fontes da Garda Civil.
Foi un particular o que solicitou axuda. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado e persoal sanitario do 061, que non puido facer nada por un deles, despois de tentar a manobra de reanimación.