Morre un mozo de 32 anos nunha canteira da Fonsagrada
Morre un mozo de 32 anos nunha canteira da Fonsagrada
Un particular alertou do accidente laboral contra ás 12:30
Os bombeiros traballan no lugar para rescatar o corpo, nun operativo dificultado pola gran cantidade de terra que hai que mover
Os bombeiros de Sarria retiraron esta tarde o cadáver de Manuel Gómez, un mozo de 32 anos de idade que perdeu a vida mentres traballaba na canteira de Pena Silvela, na Fonsagrada.
O sinistro produciuse cando o mozo se atopaba preto da cinta transportadora e as primeiras hipóteses apuntan a que puido quedar atrapado pola cinta.
En poucos, segundos quedou cuberto pola area e pedras e os servizos sanitarios trasladados ata o lugar non puideron facer nada por salvarlle a vida.
O falecido levaba dez anos traballando nesta canteira da parroquia de Vilarín de Arriba.
Os bombeiros de Sarria e Protección Civil da Fonsagrada tardaron arredor de cinco horas en poder rescatar o cadáver do mozo, que estaba sepultado por toneladas de area e pedras.
A Garda Civil xa investiga as circunstancias en que se produciu este sinistro laboral.
O falecido residía a escasos metros da canteira onde perdeu a vida, que se adica á extracción de áridos para todo tipo de obras e que está nun monte lindeiro con Asturias.
A morte do mozo causou unha fonda impresión na Fonsagrada, onde a súa familia é moi coñecida.