Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche
Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche
Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche
A vítima foi alcanzada cando o turismo manobraba no patio dunha casa no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia
Un home de 72 anos faleceu ao ser atropelado por un turismo que conducía o seu fillo cando realizaba manobras no interior dunha propiedade privada do municipio ourensán de Trasmiras.
O suceso tivo lugar ás 21:00 horas do pasado domingo, cando a vítima foi alcanzada por un coche que daba marcha atrás no patio dunha casa situada no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que faleceu tras ser atropelada en Trasmiras.
— 112Galicia (@112Galicia) April 14, 2024
📌 Lugar de Soutelo.
➡️ O coche implicado atopábase manobrando marcha atrás.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Xinzo, @guardiacivil de Tráfico. pic.twitter.com/YAexMr5t9F
A voz de alerta foi dada por un familiar que chamou ao 112 para pedir asistencia médica urxente para o home, que se atopaba inconsciente tras recibir o impacto.
Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, que non puideron facer nada pola vida do home. Tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil para solicitar información sobre o sinistro.
Ás 23:50 horas o forense de garda acordou o levantamento do cadáver e o seu trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde se lle realizará a autopsia.
O falecido era unha persoa moi coñecida non só en Soutelo, senón tamén nos arredores pola súa afección a música, especialmente a gaita.
"Pois unha pena moi grande porque era moi bo rapaz, son veciños de aquí de sempre, de toda a vida". "Sí, porque el tocaba a gaita e gustáballe moito, entón era coñecido, pero é o que hai, son accidentes, é mala sorte". "Sonoume o teléfono e vino nun grupo que temos das mulleres rurais, pero non o sabía. Debeu de ser onte sobre as nove ou así. Era un home moi coñecido".
A súa morte causou unha fonda conmmoción entre a veciñanza da zona.