Cargando resultados...
Morre un home en Camariñas ao caerlle enriba unha árbore
Morre un home en Camariñas ao caerlle enriba unha árbore
Ocorreu nunha leira da súa propiedade na parroquia de Xaviña
G24.gal
03/09/2022 14:37
Última actualización 03/09/2022 19:48
Un home morreu no concello de Camariñas cando participaba nunha corta. Caeulle unha árbore enriba mentres tallaba piñeiros nunha leira da súa propiedade na parroquia de Xaviña.
Ao parecer, un dos exemplares cortados topou contra outro facendo panca e acabou golpeándoo fortemente no peito. Cando os servizos sanitarios chegaron tan só puideron confirmar a súa morte.