Detido o condutor do coche sinistrado no que morreu un mozo de Cesantes
Detido o condutor do coche sinistrado no que morreu un mozo de Cesantes
Enfróntase a unha acusación de homicidio imprudente tras dar positivo en alcol e drogas
O accidente produciuse na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio
A Garda Civil detivo o condutor do coche accidentado este domingo na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Está acusado dos presuntos delitos de homicidio imprudente e de condución temeraria tras dar positivo en alcol e drogas.
O sinistro produciuse pasadas as 11:30 horas da mañá do domingo na estrada que une Comboa con Acevedo, no límite dos concellos de Soutomaior e Pontevedra.
Segundo a Axencia Galega de Emerxencias, o coche foise da vía por razóns que aínda se descoñecen e bateu contra un eucalipto. Logo, caeu por un desnivel duns sete metros de altura.
Morreu un mozo de 23 anos, veciño da parroquia redondelá de Cesantes, que viaxaba na parte traseira. Outras tres persoas, dúas mozas e o condutor, quedaron feridas leves.
Segundo a Garda Civil, está previsto que o detido pase este luns a disposición xudicial no xulgado de garda de Pontevedra.