Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha veciña de Viveiro, de vacacións na Habana, na explosión do hotel Saratoga

Morre unha veciña de Viveiro, de vacacións na Habana, na explosión do hotel Saratoga

A onda expansiva golpeouna na rúa, por onde pasaba canda o seu mozo

O Goberno vai acelerar os trámites para repatriar o cadáver da viveirense Cristina López-Cerón

G24.gal 07/05/2022 20:48 Última actualización 07/05/2022 21:00

Este sábado en Viveiro a primeira hora a xente da contorna de Cristina López-Cerón Ugarte xa confirmaba que esta moza, veciña da vila e nada en 1993, era unha das vítimas da explosión do hotel Saratoga, na Habana Vella.

Exteriores comunicaba oficialmente horas despois o seu falecemento á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen expresou a consternación e a pena de todo o Concello por este fatídico falecemento.

Malia ser veciña de Viveiro, Cristina traballaba nunha sucursal bancaria en Ortigueira e residía nas Pontes co seu mozo, César Román Santalla, con quen estaba de vacacións en Cuba.

Casualmente andaban polas proximidades do Saratoga, no coñecido Paseo do Prado, un céntrico e histórico hotel da Habana Vella, cando os golpeou a onda expansiva que produciu a explosión do hotel, debida, segundo o Goberno cubano, a un escape de gas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade