Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dúas persoas de avanzada idade no incendio dun casarío en Biscaia

Morren dúas persoas de avanzada idade no incendio dun casarío en Biscaia

Outra muller tivo que ser atendida no hospital por intoxicación por fume

Unha muller que residía no casarío foi trasladada ao hospital de Gernika por inhalación de fume Unha muller que residía no casarío foi trasladada ao hospital de Gernika por inhalación de fume
G24.gal 19/04/2024 12:44 Última actualización 19/04/2024 13:01

Dúas persoas de avanzada idade falecidos no incendio dun casarío en Ajangiz (Biscaia). As vítimas son un home e unha muller de idade avanzada. Unha terceira persoa, outra muller, intoxicouse por fume e foi trasladada ao hospital.

O incendio orixinouse, por causas que se investigan, sobre as dez desta mañá nun casarío situado no barrio Mendieta de Ajangiz, un municipio próximo a Gernika, segundo informou o Departamento de Seguridade vasco.

Os servizos de emerxencias foron alertados por un particular e, tras desprazarse ao lugar, dotacións de bombeiros accederon ao casarío e localizaron no seu interior a dúas persoas de idade avanzada falecidas, un home e unha muller.

Outra muller que se atopaba no interior da vivenda foi atendida por inhalación de fume e trasladada polos sanitarios ao hospital de Gernika.

O incendio afectou principalmente á primeira planta do casarío, mentres o segundo andar está afectado só por fume, segundo informaron fontes da Deputación.

A zona foi acordoada, á espera de que a autoridade xudicial ordene o levantamento dos corpos. A Ertzaintza abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade