Denuncian roubos nos colectores de aceite usado na área da Coruña
Denuncian roubos nos colectores de aceite usado na área da Coruña
A organización Mulleres Colleiteiras calcula que nos últimos catro anos perderían preto de cincuenta mil euros, cos que darían traballo a tres mulleres excluídas
No proxecto de economía social Mulleres Colleiteiras denuncian que, desde hai catro anos aproximadamente, lles están a roubar aceite dos colectores que hai instalados tanto na Coruña como na súa área de influencia.
Contan que os roubos adoitan producirse polas noites, pero tamén á luz do día. De feito, son os propios veciños quen dan a voz de alarma. Os roubos, segundo aseguran, están a lles facer moito dano.
Calculan que nos últimos catro anos perderían de ingresar entre trinta e cincuenta mil euros, cos que darían traballo a tres mulleres excluídas.
Amais dos roubos, explican que o incumprimento por parte do Concello de instalar 29 colectores novos na cidade, xa este verán, tamén lles está a prexudicar, e moito, a súa actividade e os seus ingresos.