Mulleres emprendedoras melloran o rumbo dos seus negocios camiño a Fisterra
Mulleres emprendedoras melloran o rumbo dos seus negocios camiño a Fisterra
Trátase da iniciativa "EncamiñaRSE", promovida pola Consellería de Emprego.
Un grupo de mulleres emprendedoras pon en común os retos das súas aventuras empresariais e fano ao tempo que percorren un anaco do Camiño de Santiago a Fisterra. Trátase da iniciativa "EncamiñaRSE", promovida pola Consellería de Emprego.
Por diante 35 quilometros do Camiño entre Olveiroa a Fisterra e a oportunidade de mellorar o rumbo das súas empresas. Serán dúas xornadas de convivencia para pór en común as dificultades que atopan nos seus negocios e buscar posibles solucións.... Nada máis comezar, o primeiro cometido.
As aventuras empresarias deste grupo de mulleres son variadas. Unha clínica de fisioterapia, unha empresa de xestión de servizos e mesmo unha axencia que organiza excursións dun día e que abriu en plena pandemia.
Unha axencia que organiza excursións dun día, unha empresa de xestión de servizos.