Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mutilan na Coruña as figuras de Superlópez e Mortadelo

Mutilan na Coruña as figuras de Superlópez e Mortadelo

Á figura de Superlópez, situada nos xardíns de Méndez Núñez, cortáronlle a cabeza, e á de Mortadelo, no Obelisco, arrincáronlle unha man

G24.gal 19/08/2024 12:59

Episodio de vandalismo na clausura do festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, que rematou esta fin de semana. As figuras de dous coñecidos personaxes de cómic, colocadas na rúa para promover o evento, apareceron danadas. 

Á figura de Superlópez, situada nos xardíns de Méndez Núñez, cortáronlle a cabeza, e á de Mortadelo, no Obelisco, arricáronlle unha man.

O Concello da Coruña e a dirección do festival lamentan os compartamentos incívicos e din que están tratando de identificar os responsables. Unha vez localizadas as partes seccionadas esta mesma mañá, as figuras van ser reparadas para o Viñetas do ano que vén, despois de que a edición número 27 volvera ser un éxito.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade