Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na Festa da Ameixa do Carril degustaron unhas cinco mil racións

Na Festa da Ameixa do Carril degustaron unhas cinco mil racións

 

Prepararon uns tres mil quilos de ameixa xapónica

A ración custaba 12 euros coma o ano pasado

G24.gal 11/08/2024 16:39

Na lonxa do Carril o recendo das potas abre o apetito dende primeira hora da mañá. Vanse preparar uns tres mil quilos de ameixa xapónica.

"Eu penso que se van acabar, amais un día coma o de hoxe que está de néboa, non está para ir á praia. Temos para unhas cinco mil racións. Hai ameixas para moita xente". "A receita é sinxela e o segredo e a auga de aquí do Carril que lle da o toque a ameixa".

"Este ano son todas xapónicas, porque a babosa morreu cen por cen; non se sementou ata marzo e non dá o tamaño comercial", di o patrón maior Javier Quintáns.

O prezo da ameixa subiu, pero aquí mantense  a ración a doce euros coma o ano pasado.

"Están riquísimas, moi boas ademais a temperatura acompaña".

"Son grandes e a salsa está moi boa tamén". 

A festa coincide este ano cun bo momento da campaña.

"En xaneiro, febreiro e marzo estivemos a dúas velas, coma quen di, porque a escaseza foi total pero agora xa empezamos a sacar a colleita nova. Esta semana houbo nove ou dez mil quilos, todos os días, di Quintáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar