Unha masa de aire frío situará a cota de neve nos 500 metros desde o martes
Unha masa de aire frío situará a cota de neve nos 500 metros desde o martes
Chega a borrasca Fien, a sexta de grande impacto da tempada con temporal marítimo, de vento e neve
Despois da friaxe que xa percibimos este domingo, a baixada de temperaturas que se prevé para os próximos días afianzará a situación invernal e activará de novo o aviso amarelo por acumulación de neve na montaña, tal e como asegura Noelia Rodríguez, do espazo O Tempo.
"Agardamos que o momento crucial deste episodio chamado Fien sexa na madrugada do martes ao mércores, cando a cota de neve vai descender ata os 500 metros e poderemos ver folerpas en zonas do interior da provincia de Pontevedra e tamén na da Coruña. A montaña de Lugo e a de Ourense non será a única que se tinga de branco aínda que aí si que agardamos que os espesores sexan importantes con acumulados de ata 5 centímetros".
A entrada do vento do norte con refachos superiores aos 80 quilómetros por hora na montaña reforzará ademais a sensación térmica de frío ata o próximo xoves. Despois de varios meses de tempo cálido e ventos do sur, esta fronte fría traerá o inverno que aínda non chegara.
Aínda que o martes a baixada das temperaturas prevese leve, agás en Lugo, onde as mínimas poderían chegar a 3 graos, o episodio de friaxe previsto para o mércores deberase á imporante baixada das mínimas.
A cota de neve vai descender de xeito progresivo dos 900 metros ata os 500 metros na madrugada do mércores. As precipitacións serán xeneralizadas, localmente fortes e con vetos fortes do noroeste.
Os chuvascos poderían vir acompañados de saraiba.
Mapa da predición da mañá deste mércores 18🧐
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) January 15, 2023
🧐Este mapa pode cambiar nas vindeiras 48h🧐
📢Pendentes das prevsións🧐#FelizDomingo pic.twitter.com/qp3pbY31WP
Pero antes de que chegue Fien, aproxímase outra borrasca cun nome que sorprende (Gerard) e que a AEMET entre bromas explicou do xeito máis inesperado nun chío, ante as chanzas destes días sobre Piqué e Shaquira.
Nuestros colegas de @meteofrance han añadido un nombre al «rosco de las borrascas»: la #BorrascaGerard, 7ª de la temporada.
— AEMET (@AEMET_Esp) January 15, 2023
Cabe recordar que los nombres de las borrascas se fijan a principio de temporada, por lo que la asignación de este nombre ahora ha sido casual😅
(Sigue...) pic.twitter.com/JLRSPbs09c