Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nichos do cemiterio moañés de San Xoán de Tirán, en risco de desprendemento

Nichos do cemiterio moañés de San Xoán de Tirán, en risco de desprendemento

O terreo do camposanto sobre un acantilado xa mostra signos de inclinación e perigo

G24.gal 25/04/2022 14:18

A igrexa románica de San Xoán de Tirán, datada no século  XIII, é unha das xoias arquitectónicas máis importantes de todo O Morrazo, tanto pola súa beleza como pola contorna na que se levanta, asomada ao mar sobre un barranco que se converte nun auténtico balcón con vistas á ría de Vigo.

O cemiterio anexo, do século XVIII, é outra xoia tamén construída sobre o litoral, aínda que desde hai anos unha parte da súa estrutura ameaza con derrubarse sobre o mar. Quen máis quen menos xa o recorda así dende sempre, pero o tempo pasa e o proxecto de conservación segue sen materializarse.

Dende o Concello aseguran que agora, para conceder a licenza, só falta o permiso da demarcación de Costas O de Patrimonio conseguiuse hai pouco, pero a burocracia, sinalan, é lenta en casos coma este.

Este conxunto arquitectónico é único nas Rías Baixas e dos poucos de Galicia construídos tan preto do litoral. Son ducias os nichos que están en risco. A parte traseira, por falta de muro de protección, está a vencer sobre a caída cara ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar