Normalidade nos aeroportos galegos nunha nova xornada de folga en Easyjet
Normalidade nos aeroportos galegos nunha nova xornada de folga en Easyjet
Ryanair retoma a súa actividade habitual pero anuncia novos paros en xullo
Terceira xornada de folga en Easyjet sen incidencias salientables na comunidade. O único voo programado no aeroporto de Santiago saíu con normalidade. Dende a terminal compostelá, opera con conexións a Londres, Basilea e Xenebra.
O sindicato USO convocou paros na compañía de baixo custo británica para os días 15, 16, 17, 29, 30 e 31 de xullo nos aeroportos de Málaga, Prat e Palma de Mallorca. Ata o momento, provocaron 9 cancelacións e 87 atrasos.
Folga en Ryanair
Mentres, Ryanair retoma a súa actividade habitual tras seis xornadas de folga que provocaron máis de 200 cancelacións e un milleiro de atrasos en todo o país.
Os sindicatos convocantes, USO e Sitcpla, anunciaron novos paros para os días 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de xullo.